Entréganse as primeiras 1.500 sinaturas contra a manipulación informativa na RTVG.

calendar novembro 9th, 2009

A iniciativa "Televisión, manipulación!" vai enviar ao longo do día de hoxe, a través de correo certificado, a carta dirixida ao Director Xeral da CRTVG, xunto coas primeiras 1.500 sinaturas adheridas á mesma. Na misiva infórmase tamén a Alfonso Sánchez Izquierdo, de que preto de 5.000 persoas xa se sumaron ao grupo "Polo cesamento de Carlos Luís Rodríguez - Contra a manipulación informativa na TVG" creado na rede social Facebook.

Nas vindeiras semanas iremos enviándolle periodicamente ao director do ente público as remesas de novas sinaturas que se vaian achegando, co obxecto de facerlle consciente do impacto real do clamor social que esixe pluralidade e obxectividade na información na RTVG.

Este non é máis que o primeiro paso na serie de accións (individuais e colectivas) que se impulsarán dende "Televisión, manipulación" até acadar da actual dirección do ente público, e do goberno da Xunta de Galiza, unha rectificación da liña editorial dos medios de comunicación públicos do noso país, para que estes deixen de ser un mero aparello de propaganda do Partido Popular.

Nese senso advertimos ao goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo que manteremos unha activa, pero sobre todo continuada, actividade de denuncia e reivindicación.

Finalmente queremos agradecer o seu compromiso cívico aos milleiros de persoas que se sumaron, en tan só quince días, a esta resposta contra a manipulación informativa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en: Novas

por: televisionmanipulacion

Non hai comentarios

O grupo no Facebook pedindo o cesamento de Carlos Luís Rodriguez supera os 3.000 apoios

calendar outubro 26th, 2009

carlosluisrguez

Poucos días despois da creación do grupo de Facebook "Polo cesamento de Carlos Luís Rodríguez - Contra a manipulación informativa da TVG" xa son máis de 3.300 as persoas que se adheriron a el. Así mesmo, a campaña de recollida de sinaturas iniciada dende a iniciativa Televisión Manipulación! xa conta con preto de 500 asinantes.

Esas cifras son reflexo da profunda indignación social que provoca a liña editorial actual dos medios de comunicación publicos do noso país, supeditados á estratexia de propaganda do Partido Popular.

Nese senso, alén de agradecer o apoio social a estas accións contra da manipulación na RTVG, queremos facer un novo chamamento á sociedade galega para que asine a carta que imos dirixir proximamente ao Director Xeral da CRTVG, entendendo que é  necesario traducir o cabreo en acción.

Finalmente queremos agradecer as numerosas mensaxes de apoio recibidas dende o nacemento desta iniciativa, e difusión activa e estensa que dela se estivo e se está a facer no blogomillo (blogosfera galega) e en medios contrainformativos (Chuza...).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en: Novas

por: televisionmanipulacion

Non hai comentarios

Nace a iniciativa “Televisión, manipulación!”

calendar outubro 22nd, 2009

tvmanipulacion

Perante os reiterados episodios de manipulación informativa nos medios de comunicación públicos do noso país, sempre en beneficio do Partido Popular, un grupo de persoas de diferentes sensibilidades que compartimos unha fonda preocupación sobre este feito, após a cobertura parcial e tendenciosa feita pola RTVG en relación á manifestación de Queremos Galego!, impulsamos a iniciativa "Televisión, manipulación!", xurdida dun grupo no Facebook e agora tamén asentada neste blogue, para promover accións públicas de denuncia desa situación, co común obxectivo de acadármonos uns medios de comunicación públicos ao servizo da información, a obxectividade e a pluralidade.

Escollimos a denominación "Televisión, manipulación!", consigna berrada por milleiros de persoas na Praza da Quintana o pasado domingo 18, pois entendemos que esta iniciativa é unha continuación desa protesta, un medio ao través da cal canalizala e estendela.

A CAMPAÑA

A primeira acción que vai desenvolver a iniciativa "Televisión, manipulación!" é a da recollida de sinaturas, a través da Rede, coas que remitiremos unha carta ao Director Xeral da CRTVG reclamando un cambio de rumbo na liña editorial da radio e maila televisión galegas.

O texto da carta podese ler integramente aquí, e para asinala tan só é preciso cubrir este formulario.

POLO CESAMENTO DE CARLOS LUÍS RODRÍGUEZ

Esta iniciativa xordeu como indicamos anteriormente dun grupo de Facebook creado a partires da inmensa indignación que provocou a "entrevista" feita polo xornalista Carlos Luís Rodríguez no marco do programa "Foro Aberto" que substituiu a Hai Debate!, e na que o presentador vulnerou sistematicamente os principios profesionais que deben rexer calquera entrevista, emitindo velada ou explicitamente opinións persoais, formulando preguntas capciosas e de claro sesgo ideolóxico, impedindo que o entrevistado as puidese responder e someténdoo a un xuízo ideolóxico que tiña por única finalidade descualificalo e restarlle credibilidade diante da audiencia.

A actitude reiterada, amosada polo xornalista Carlos Luís Rodríguez, quen teima en imprimir un carácter sectario -coincidente cos intereses e posicións do Partido Popular- ao programa, é o que nos leva a solicitar o seu cesamento como condutor do programa.

Deixamos aquí acceso ao vídeo da mencionada entrevista:

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en: Novas

por: televisionmanipulacion

Non hai comentarios